Supercurritos

miércoles, 8 de junio de 2011

"Xente de Montealto" no CEIP Curros Enriquez





 A Concelleira de Educación do Concello da Coruña, María Xosé Bavo, visitou o noso Centro, para inaugurar unha exposición fotográfica .
Na seguinte foto, vémola co Director, Xosé Ramón Mouriño.


A exposición é unha recopilación de fotos antigas recollidas entre a xente do barrio de Montealto; moitas das persoas que asistiron a inauguración donaran fotos para a exposición, e recoñecianse emocionados.


A Concelleira adicoulles unhas palabras aos alí presentes e, sobre todo, dirixíuse aos alumnos do Terceiro Ciclo de Primaria,facendo unha loubanza ao respeto que se lles debe aos nosos antepasados e como eles son parte viva e próxima da nosa Historía.


Moitas gracias pola visita.










No hay comentarios:

Publicar un comentario